Gemini
Categories:This app is unmaintained and no longer released by the KDE community.



A suite de oficina de KDE para dispositivos 2 en 1.
Os dispositivos 2 en 1 que poden actuar tanto como tabletas táctiles e como portátiles están cobrando moita popularidade, e tras o éxito de Krita Gemini, o equipo responsábel decatouse de que había moitos motivos para aplicar o mesmo concepto a outras aplicacións, e especialmente a outras da suite Calligra. Concretamente, se consideraron listos para este trato o compoñente de procesador de textos Words e a ferramenta de presentación Stage.
Dese descubrimento naceu o desexo de crear Calligra Gemini, unha aplicación que engloba os compoñentes de procesador de textos e de presentación que tanto funcionarían como unha aplicación de escritorio tradicional con rato e teclado como se transformarían nunha aplicación adaptada ao tacto sobre a marcha, cambiando a experiencia a unha axeitada para os dispositivos só táctiles sen a inconveniencia de ter que cambiar a unha aplicación distinta.
As aplicacións de Gemini combinan a potencia das aplicacións principais de Calligra (no caso de Calligra Gemini, as principais aplicacións de escritorio, actualmente Words e Stage), con experiencias agradábeis e optimizadas explicitamente para o tacto, baseadas nos mesmos tipos de documentos.
Calligra en si é unha gran suite de aplicacións, divididas en tres categorías principais: aplicacións de oficina, aplicacións gráficas e xestión de proxectos. Visite o sitio web de Calligra para ver as descricións completas das súas numerosas ferramentas.
- Funcionaliaddes comúns
As aplicacións da suite de Calligra comparten algúns conceptos de interface de usuario que lles outorgan un aspecto moderno máis axeitado para as pantallas panorámicas actuais. Un deles é que a meirande parte do formato faise usando docas que se colocan nas partes laterais das xanelas en vez de na parte superior. Isto libera espazo para os contidos reais dos documentos e evita abrir diálogos sobre eles. Se o usuario así o decide, pode cambiar a disposición das docas ao redor da zona do documento ou mesmo soltalas e deixar que floten libremente. A disposición gárdase e úsase de novo a seguinte vez que se abra Calligra.
- Obxectos incrustábeis
Hai moitos obxectos e formas que pode inserir nos seus documentos, como formas xeométricas, partituras musicais, e moitas outras opcións xeniais. Todas estas formas están dispoñíbeis en todas as aplicacións, o que fai moito máis sinxelo crear estes obxectos.
- Formato de ficheiro estándar
Calligra usa o formato de documento aberto (ODF) como formato de ficheiro principal, o que o fai compatíbel coa meirande parte do resto de aplicacións de oficina, como OpenOffice.org, LibreOffice e Microsoft Office. Tamén pode importar os formatos de ficheiro nativos de Microsoft Office con gran exactitude, en moitos casos a mellor que se pode atopar.