Skip to content

Dolphin

Categories:   Sistema
Xestión de ficheiros en Dolphin.
Terminal incrustado en Dolphin.
Dolphin permítelle configurar o seu xestor de ficheiros como queira.

Dolphin é o xestor de ficheiros de KDE que lle permite navegar e explorar o contido dos seus discos duros, memorias USB, tarxetas SD, e máis. Fai que tarefas como crear, mover, e eliminar ficheiros e cartafoles sexan doadas e rápidas.

Dolphin contén una morea de funcionalidades de produtividade para aforrarlle tempo. As funcionalidades de separadores e vista dividida permiten navegar varios cartafoles ao mesmo tempo, e pode arrastrar e soltar ficheiros entre as súas vistas facilmente para movelos ou copialos. O menú de clic dereito de Dolphin fornece moitas accións rápidas que lle permiten comprimir, compartir, e duplicar ficheiros, entre outras cousas. Tamén pode engadir as súas propias accións personalizadas.

Dolphin é moi lixeiro, pero ao mesmo tempo pode adaptarse ás súas necesidades concretas. Isto significa que pode xestionar os seus ficheiros como mellor lle pareza. Dolphin permite tres modos de vista distintos: a clásica vista de grade de todos os ficheiros, unha vista máis detallada, e unha vista de árbore. Tamén pode configurar a meirande parte do comportamento de Dolphin.

Dolphin pode amosar ficheiros e cartafoles de moitos servizos de nube de internet e outras máquinas remotas como se estivesen no seu escritorio.

Dolphin inclúe tamén un terminal integrado que lle permite executar ordes no cartafol actual. Pode estender as capacidades de Dolphin aínda máis con potentes complementos para adaptalo ao seu fluxo de traballo. Pode usar o complemento de integración con Git para interactuar con repositorios de Git, ou o complemento de Nextcloud para sincronizar os seus ficheiros por Internet, e moito máis.

Install on
Linux
This button only works with Discover and other AppStream application stores. You can also use your distribution's package manager.
Get it from the Snap Store

Releases RSS

24.02.0 2024-02-28
23.08.5 2024-02-15
23.08.4 2023-12-07

Extensions

Compatibilidade con Zeroconf

Examine servizos da rede local na páxina «Rede» de Dolphin

Complemento de compartición de ficheiros de Samba

Engade configuración de compartición de Samba de cartafoles en Dolphin

Complementos de Dolphin

Integración de Dolphin con sistemas de control de revisións, Dropbox, e imaxes de disco.

FileStash

Unha solución sinxela para fornecer compatibilidade con cartafoles virtuais en aplicacións de KDE

Kamera

Un complemento para permitir o protocolo de transferencia de imaxes (PTP) nas aplicacións de KDE

kdegraphics-thumbnailers

Xeradores de miniaturas para formatos de ficheiro gráficos para aplicacións de KDE

KIO AudioCD

Integración transparente de CD de son con KDE Plasma e aplicacións de KDE con funcionalidades de conversión de datos.

KIO GDrive

Integración de Google Drive con KDE Plasma e os aplicativos de KDE

KIO S3

Integración de Amazon S3 con KDE Plasma e as aplicacións de KDE

Xerador de miniaturas de FFmpeg

Xerador de miniaturas para vídeos que usa FFmpeg.