Skip to content
Screeenshot of <no value>

Falkon é un navegador web novo e moi rápido feito con Qt. Pretende ser un navegador web lixeiro dispoñíbel nas plataformas maioritarias. O proxecto comezou por curiosidade. Pero desde entón, Falkon converteuse nun navegador moi completo.

Falkon ten todas as funcións estándar que esperaría dun navegador web. Inclúe marcadores, historial (ambos dispoñíbeis en barras laterais) e separadores. Ademais, pode xestionar fontes de novas RSS cun lector de RSS incluído, bloquear anuncios cun complemento de AdBlock integrado, bloquear contido en Flash con Click2Flash e editar a base de datos local de certificados de autoridades certificadoras cun xestor de SSL.

Linux

Install on Linux This button only works with Discover and other AppStream application stores. You can also use your distribution’s package manager.