FileStash
Categories:
Seleccionar varios ficheiros en calquera xestor de ficheiros para copiar e pegar nunca foi unha experiencia pracenteira, especialmente se os ficheiros non están en orde. A miúdo, ao seleccionar ficheiros usando Ctrl+A ou a ferramenta de selección, descubrimos que só necesitamos seleccionar unha parte dos ficheiros necesarios que seleccionamos. Isto leva á complicada operación de retirar ficheiros da selección. Por suposto, a solución máis común é crear un novo cartafol e poñer todos os elementos nel antes de copialos, pero isto é moi pouco eficiente e moi lento cando hai que copiar ficheiros grandes. Ademais Ctrl+Clic require precisión por parte do usuario para non perder toda a selección de ficheiros.
Este proxecto fornece unha nova solución para este problema. Engade compatibilidade con cartafoles virtuais ás aplicacións que usen KIO, onde poder gardar as ligazóns a ficheiros e cartafoles de maneira temporal, gardados durante a sesión. Os ficheiros e cartafoles “resérvanse” neste cartafol virtual, ao que se lle poden engadir ficheiros usando as operacións habituais de xestión de ficheiros como mover, copiar ou pegar, ou arrastrando e soltando. Deste modo, operacións complexas de ficheiros como mover ficheiros de moitos dispositivos poden simplificarse gardando as operacións na reserva antes de executalas.
Extends:
Dolphin
|
Gwenview
|
Konqueror
|
Krusader