Skip to content

JuK

Categories:   Multimedia
Screenshot of JuK

JuK é un reprodutor de música compatíbel con coleccións de ficheiros de son MP3, Ogg Vorbis e FLAC. Permítelle editar as «etiquetas» dos ficheiros de son e xestionar a súa colección e as súas listas de reprodución. A aplicación está destinada principalmente á xestión de música.

Funcionalidades:

  • Lista de coleccións e múltiplas listas de reprodución definidas polo usuario.
  • Pode explorar directorios para importar automaticamente listas de reprodución e ficheiros de música ao iniciar o programa.
  • Busca dinámica de listas de reprodución que se actualizan automaticamente tras cambias campos da colección.
  • Un modo de vista de árbore onde se xeran automaticamente listas de reprodución para grupos de álbums, intérpretes e estilos.
  • Historial de listas re reprodución para indicar que ficheiros se reproduciron e cando.
  • Permite filtrar a lista de elementos visíbeis mediante termos de busca.
  • Pode deducir información das etiquetas a partir do nome do ficheiro da pista de música.
  • Permite renomear os ficheiros de acordo co contido das súas etiquetas.
  • Funcionalidade de ler e editar as etiquetas de ficheiros en diversos formatos, como ID3v1, ID3v2 ou Ogg Vorbis.
Install on
Linux
This button only works with Discover and other AppStream application stores. You can also use your distribution's package manager.
Get it from the Snap Store

Releases RSS

24.02.2 2024-04-11
24.02.1 2024-03-21
24.02.0 2024-02-28
23.08.5 2024-02-15