Skip to content
KAddressBook incrustado en Kontact

KAddressBook almacena todos os detalles persoais da súa familia, amigos e outros contactos. É compatíbel cunha gran variedade de servizos, como NextCloud, Kolab, Google Contacts, Microsoft Exchange (EWS) ou calquera servidor estándar de CalDAV.

Funcionalidades:

  • Busca potente — KAddressBook ten filtros configurábeis e goza de potentes funcionalidades de busca.
  • Detección de duplicados e fusión — KAddressBook pode atopar contactos duplicados de varias fontes e pode fusionalos nun único contacto.
  • Boa compatibilidade cos estándares — KAddressBook pode importar e exportar a practicamente todos os estándares de caderno de enderezos.
  • Integración con LDAP — Pode conectar a varios servidores LDAP, que poden usarse para completar automaticamente contactos ao escribir mensaxes de correo electrónico en KMail.
  • Integración — Intégrase con outros compoñentes de Kontact. Por exemplo, exporta as lembranzas de aniversarios a KOrganizer.
  • Códigos QR — KAddressBook pode mostrar un código QR para cada contacto para escanealo facilmente desde o teléfono ou enviarllo a alguén.

Linux

Install on Linux This button only works with Discover and other AppStream application stores. You can also use your distribution’s package manager.

Releases RSS

5.18.1 2021-09-02
5.18.0 2021-08-12
5.17.3 2021-07-08
5.17.2 2021-06-10