Skip to content

Karbon

Categories:   Unmaintained

This app is unmaintained and no longer released by the KDE community.

Screenshot of Karbon

Karbon é unha aplicación de debuxo vectorial cunha interface de usuario fácil de usar, personalizar e ampliar. Iso fai de Karbon unha gran aplicación para usuarios que comezan a explorar o mundo das imaxes vectoriais, pero tamén para artistas que queren crear impresionantes obras de arte vectoriais.

Funcionalidades:

  • Posibilidade de cargar ODG, SVG, WPG, WMF e EPS/PS.
  • Posibilidade de xerar ODG, SVG, PNG, PDF e WMF.
  • Interface de usuario personalizábel con barras de ferramentas e docas que poden recolocarse libremente.
  • Doca de capas para xestionar facilmente documentos complexos. Inclúe miniaturas de vista previa, permite agrupar formas arrastrando e soltando, controlar a visibilidade das formas ou bloquealas.
  • Ferramenta avanzada de edición de rutas cunha gran funcionalidade de edición sobre o lenzo.
  • Varias ferramentas de debuxo para crear formas de rutas, incluíndo unha ferramenta de debuxo de rutas, unha ferramenta de lapis, e unha ferramenta de debuxo caligráfico.
  • Ferramentas de gradacións e padróns para editar degradados e estilos de padróns facilmente sobre o lenzo.
  • Funcionalidades de axuste de última xeración para editar e debuxar de maneira guiada (por exemplo, axustar á grade, liñas de guía, nodos de rutas, caixas de límites, posicións ortogonais, cruzamento de formas de rutas ou extensións de liñas e rutas).
  • Inclúe moitas formas predefinidas, entre elas formas básicas como estrelas, círculos, elipses, rectángulos e imaxes.
  • Forma de texto artístico que permite seguir o contorno de rutas (é dicir, texto sobre rutas).
  • Operacións de rutas complexas e efectos como operacións de grupos de valores booleanos; aplanamento, arredondamento e refinamento de rutas; así como efectos de xiro e picada.
  • Permite ampliar as súas funcionalidades mediante complementos de ferramentas novas, de formas e de docas.
Install on
Linux
This button only works with Discover and other AppStream application stores. You can also use your distribution's package manager.