Skip to content

Kate

Categories:   Desenvolvemento | Utilidades Other platforms:   macOS | Windows
Editando código con Kate
Kate cun proxecto baseado en Git.
Kate coa vista dividida.
Kate en modo escuro.
Creación dunha nova rama de Git con Kate.

Kate é un editor de texto de KDE para programar. É rápido e permite varios documentos e vistas. Fornece compatibilidade con LSP (protocolo de servidor de linguaxes), proxectos, varios cursores e seleccións, integración con Git, busca en cartafoles, división horizontal e vertical, modo vi, realce de sintaxe para máis de 300 linguaxes, terminal incluído, axuste de liña e moito máis. Está dispoñíbel para Linux, BSD, Windows e macOS.

Funcionalidades:

  • Interface para varios documentos, división das xanelas, xanelas con lapelas
  • Corrección ortográfica.
  • Compatíbel cos fins de liña CR, CRLF e LF.
  • Compatíbel con varios sistemas de codificación de texto (UTF-8, UTF-16, ASCII, etc.).
  • Conversión entre sistemas de codificación.
  • Funcionalidade de atopar e substituír baseada en expresións regulares.
  • Realce de sintaxe para máis de 300 linguaxes.
  • Pregado de código e texto.
  • Varios cursores e seleccións.
  • Modo de selección por bloques.
  • Sangrado automático.
  • Funcionalidade de completar automaticamente.
  • Integración co intérprete de ordes.
  • Compatibilidade con numerosos protocolos (HTTP, FTP, SSH, WebDAV, etc.)
  • Extensíbel mediante complementos.
  • Terminal integrado.
  • A súa funcionalidade pódese ampliar mediante scripts escritos en JavaScript.
  • Modo vi.
  • Completación automática mediante LSP (protocolo de servidor de linguaxes).
  • Compatibilidade con DAP (protocolo de adaptador de depuración).
  • Lapelas verticais e lista de documentos.
  • Funcionalidade sinxela de proxectos. Kate pode abrir cartafoles como proxectos.
  • Formatación de código mediante formatadores nativos como clang-format, prettier, etc.
  • Navegador de ficheiros integrado.
  • Compatibilidade con CTag.
  • Busca en proxectos e cartafoles.
  • Integración con Git.
Install on
Linux
This button only works with Discover and other AppStream application stores. You can also use your distribution’s package manager.
Get it from the Snap Store
Get it from Microsoft

Releases RSS

24.12.0 2024-12-12
24.08.3 2024-11-07
24.08.2 2024-10-10
24.08.1 2024-09-12
24.08.0 2024-08-22
24.05.2 2024-07-04
24.05.1 2024-06-13
24.05.0 2024-05-23
24.02.2 2024-04-11
24.02.1 2024-03-21
24.02.0 2024-02-28
23.08.5 2024-02-15

Extensions

KPart de KUIViewer

Visor de ficheiros UI de Qt Designer en programas que usen KParts

KPart de visor de Markdown

Visualización renderizada de ficheiros Markdown en programas que usan KParts.

KPart de visor de SVG

Visualización renderizada de ficheiros SVG en programas que usan KParts.

Nightly installers

Kate nightly installers are also available to download from the KDE CDN. These versions are intended for testing purpose. Get involved and help us make them better!

Unstable version.

Generated from the latest version of the development branch.