KCachegrind
Categories:
KCachegrind é unha ferramenta de visualización de datos de rendemento que se usa para determinar as partes da execución dun programa que consumen máis tempo.
Funcionalidades:
- Varios tipos de visualizacións dos datos de rendemento dunha aplicación, como un gráfico de chamadas ou anotacións no código fonte ou no código máquina.
- Compatibilidade con datos de rendemento xerados por Calltree, unha ferramenta de Valgrind para a simulación da caché e o seguimento de chamadas. Así a xeración dos datos de rendemento non require de ningún tipo de preparación, as bibliotecas compartidas e as arquitecturas de complementos non resultan un problema, e a xeración dos datos de rendemento non ten ningún impacto nos datos xerados.
- Scripts de conversión para OProfile, Perl e PHP.
- Posibilidade de cambiar a calquera das varias disposicións de visualización.
- O gráfico de chamadas pode exportarse como imaxe (PNG).
- Visualización simultánea de dous tipos de evento nas vistas de chamadas e de anotacións.
Install on
Linux
Releases RSS
22.04.1
2022-05-12
22.04.0
2022-04-21
21.12.3
2022-03-03
21.12.2
2022-02-03