kdesrc-build
Categories:This app is still in development and isn't released yet by the KDE community.


kdesrc-build é unha ferramenta para permitir construír facilmente KDE a partir dos seus repositorios de código fonte.
O realce de sintaxe para ficheiros de kdesrc-buildrc está dispoñíbel en Kate e KWrite no menú «Utilidades → Realzado → Configuración».
Funcionalidades:
- Descarga e actualiza automaticamente o código fonte de KDE do repositorio de código.
- Intégrase coa infraestrutura de código fonte de KDE para construír os módulos na orde necesaria automaticamente, e usar a rama correcta.
- Permite construír facilmente ramas, etiquetas ou mesmo remisións concretas dun módulo (ou de todos os programas de KDE).
- Permite moitos sistemas de construción. Permite mesmo construír moitos proxectos de programas alleos a KDE nun momento.
- Permite un modo «simulado» (a opción --pretend) para experimentar con distintas opcións sen destruír nada.
- kdesrc-build pode descargar módulos (descarga inicial e actualización) incluso ao construír módulos que xa se actualizaron.
- kdesrc-build rexistra todo para poder inspeccionar o rexistro máis adiante, para que poidas descubrir o problema cando a construción falla. kdesrc-build crea automaticamente ligazóns simbólicas para acceder facilmente ao último rexistro (log/latest). Coloración da saída (que se pode desactivar).
- Permite construír a biblioteca Qt do Qt Project, necesaria para os programas de KDE.
- kdesrc-build pode personalizarse en gran medida. Pode controlar a maioría das opcións módulo por módulo se quere, incluídas as marcas de configuración, as de CMake, e as de C++ durante a compilación. En vez de intentar lembrar que liña de «configure» usou, pode definila unha vez e esquecelo.
- Documentación extensa.