Skip to content

KEXI

Categories:   Ofimática
Screenshot of KEXI
Vista de táboa
Deseñador de consultas
Editor de SQL
Deseñador de formularios
Deseñador de informes
Importación da base de datos de MS Access

KEXI é un construtor visual de aplicacións de base de datos. Pode usarse para deseñar aplicacións de base de datos, inserindo e editando datos, realizando consultas, e procesando datos. Poden crearse formularios para fornecer unha interface personalizada para os datos. Todos os obxectos de base de datos (táboas, consultas, formularios, informes, etc.) almacénanse na base de datos, facendo fácil compartir os datos e o deseño.

Funcionalidades:

  • Deseñadores completamente visuais para táboas, consultas, formularios e informes.
  • Execución de consultas, e funcionalidade de consultas parametrizadas.
  • Compatibilidade directa con bases de datos SQLite, MySQL e PostgreSQL.
  • A única ferramenta visual multiplataforma que pode importar facilmente datos de bases de datos de MS Access.
  • Funcionalidade de deseño de consultas nunha vista de SQL dedicada.
  • Deseño e mostra de datos relacionais mediante caixas despregábeis (columnas de busca).
  • Introdución directa de datos ou importación en formato CSV.
  • Modo de usuario bloqueado, que permite desactivar todas as funcionalidades de deseño.
Install on
Linux
This button only works with Discover and other AppStream application stores. You can also use your distribution’s package manager.