
Kile é un editor de TeX e LaTeX fácil de usar creado por KDE. Kile permítelle usar toda a funcionalidade de LaTeX nunha interface gráfica e ten un mecanismo de vista previa para ver rapidamente os resultados da edición.
Funcionalidades:
- Compilar, converter e visualizar o documento cun clic.
- Completación automática de ordes de (La)TeX.
- Modelos e asistentes para facilitar o inicio de novos documentos.
- Inserción fácil de moitas etiquetas e símbolos estándar, e a posibilidade de definir etiquetas de usuario.
- Busca inversa e cara adiante: prema o visualizador de DVI e salte á liña correspondente de LaTeX no editor, ou salte do editor á páxina correspondente no visualizador.
- Atopar capítulos ou seccións é moi doado, Kile constrúe unha lista de capítulos, etc. no documento. Podes usar a lista para saltar á sección correspondente.
- Recolle documentos que van xuntos nun proxecto.
- Inserción fácil de citas e referencias ao usar proxectos.
- Sistema de construción flexíbel e intelixente para compilar documentos de LaTeX.
- Previsualización da parte seleccionada dun documento.
- Acceso doado a varios recursos de axuda.
- Ordes de edición avanzada.
Install on
Linux
Releases RSS
3.0b4
2024-03-17
3.0b3
2019-11-10
3.0b2
2018-05-19
3.0b1
2017-09-30