
KMail é un cliente de correo electrónico de última xeración que se integra ben con fornecedores de correo electrónico populares como GMail. Fornece moitas ferramentas para maximizar a produtividade e facilita e acelera o traballo con grandes contas de correo electrónico. KMail é compatíbel cunha gran variedade de protocolos de correo electrónico: POP3, IMAP, Microsoft Exchange (EWS) e máis.
Funcionalidades:
- Seguro — KMail ten unha configuración predeterminada segura para protexer a súa intimidade, unha gran compatibilidade con cifrado de punto a punto, e detección de correo non desexado.
- Potente — Entre as súas funcionalidades están traballar sen Internet, dispoñer de múltiples identidades de remitente, dispoñibilidade en varios idiomas, potentes funcionalidades de filtro, busca e etiquetado, xestión de listas de correo e gran flexibilidade de configuración.
- Integrado — As invitacións a reunións poden engadirse facilmente como eventos a KOrganizer, permite completar automaticamente enderezos, e carta as imaxes de usuario e as preferencias criptográficas de KAddressBook.
- Cumpre cos estándares — É compatíbel con protocolos de correo estándar, correo electrónico «push», filtro do lado do servidor e OpenPGP, PGP/MIME e S/MIME entre liñas.
Install on
Linux
Releases RSS
5.22.3
2023-03-02
5.22.2
2023-02-02
5.22.1
2023-01-05
5.22.0
2022-12-08