KNights
Categories:






KNights é un xogo de xadrez. O seu obxectivo como xogador é derrotar ao contrincante mediante un xaque mate ao seu rei.
Funcionalidades:
- Partidas entre dous xogadores no mesmo computador.
- Partidas contra calquera programa de computador compatíbel co protocolo XBoard.
- Xogar no servidor libre de xadrez por Internet (FICS).
- Visualización de partidas dun motor informático contra outro.
- Opción de comprobar se un movemento está permitido.
- Marcadores de movementos posíbeis, do último movemento do contrincante, e fontes de xaque.
- Bordos no taboleiro e anotacións asociadas a lugares.
- Control completo do tempo con reloxos co estilo de Plasma.
- Varios temas, coa posibilidade de descargar temas novos desde o propio programa.
- Movementos animados configurábeis.
- Vistas para xogar en servidores de xadrez, entre elas un grafo de busca, unha consola de texto, e un trebello de charla.
- Opción de desfacer e refacer movementos.
- Interface gráfica para realizar e recibir ofertas de xogadores remotos.
- Compatibilidade co protocolo UCI (o que usan Stockfish, Chessbase, e moitos outros).
- Posibilidade de gardar e cargar ficheiros en notación de partida portátil (PGN).
- Uso de Jovie, o programa de texto-para-fala de KDE para narrar os movementos do contrincante.
- Posibilidade de controlar o programa mediante unha interface D-Bus.
Install on
Linux
Releases RSS
2.6.23083
2023-11-09
2.6.23082
2023-10-12
2.6.23081
2023-09-14
2.6.23080
2023-08-24