Konqueror
Categories: InternetKonqueror é o navegador web de KDE e unha navalla suíza para calquera tipo de xestión ou vista previa de ficheiros.
Funcionalidades:
- Navegación web usando KHTML ou KDEWebKit como motores de renderización.
- Xestión de ficheiros coa meirande parte das funcionalidades de Dolphin, incluíndo a compatibilidade cos sistemas de control de versións, os menús de servizos, e a interface gráfica básica.
- Xestión de ficheiros de servidores FTP e SFTP.
- Potente cliente de FTP. Permítelle dividir a vista para amosar tanto os cartafoles locais como os remotos e vistas previas, todo na mesma xanela.
- Aplicacións incrustadas para previsualizar ficheiros. Por exemplo, Okular e Calligra para documentos, Gwenview para imaxes, KTextEditor para ficheiros de texto, etc.
- Distintos tipos de complementos: menús de servizos, KParts (aplicacións incrustadas), KIO (acceso a ficheiros mediante protocolos especiais como HTTP ou FTP) e complementos de KPart (como AdBlocker).
Releases RSS
Extensions
Compatibilidade con Zeroconf
Examine servizos da rede local na páxina «Rede» de Dolphin
FileStash
Unha solución sinxela para fornecer compatibilidade con cartafoles virtuais en aplicacións de KDE
Kamera
Un complemento para permitir o protocolo de transferencia de imaxes (PTP) nas aplicacións de KDE
kdegraphics-thumbnailers
Xeradores de miniaturas para formatos de ficheiro gráficos para aplicacións de KDE
KIO AudioCD
Integración transparente de CD de son con KDE Plasma e aplicacións de KDE con funcionalidades de conversión de datos.
KIO GDrive
Integración de Google Drive con KDE Plasma e as aplicacións de KDE
KIO S3
Integración de Amazon S3 con KDE Plasma e as aplicacións de KDE
KPart de KUIViewer
Visor de ficheiros UI de Qt Designer en programas que usen KParts
KPart de visor de Markdown
Visualización renderizada de ficheiros Markdown en programas que usan KParts.
KPart de visor de SVG
Visualización renderizada de ficheiros SVG en programas que usan KParts.
Xerador de miniaturas de FFmpeg
Xerador de miniaturas para vídeos que usa FFmpeg.