Xestiona o teu correo electrónico, calendario, contactos e outros datos persoais con Kontact. Kontact agrúpao todo xunto nun lugar e axúdao a xestionar a súa comunicación, organizar o seu día e traballar cos seus compañeiros.
Kontact unifica varias aplicacións de xestión de información persoal nunha única xanela para fornecerlle a mellor experiencia posíbel e aumentar a súa produtividade. Con Kontact pode usar todas as ferramentas da nosa potente colección de programas nun único lugar. A diferencia de aplicación web privativas nós valoramos a súa privacidade e somos compatíbeis con estándares abertos, que é polo que Kontact lle ofrece control total dos seus datos. Pode por suposto acceder aos seus datos sen Internet, se quere.
Kontact consiste en varios compoñentes ben integrados:
- KMail — un potente cliente de correo electrónico repleto de funcionalidades e compatíbel cun gran número de fornecedores de correo electrónico.
- KOrganizer — un compoñente de calendario e planificación de Kontact que permite traballar con NextCloud, Kolab, Google Calendar e outros servizos de calendario.
- KAddressBook — unha ferramenta e xestión de contactos fácil de usar que pode sincronizar contactos con moitos servizos populares.
- Akregator — un lector de novas con potentes funcionalidades de busca e arquivo.
Releases RSS
Nightly installers
Kontact nightly installers are also available to download from the KDE CDN. These versions are intended for testing purpose. Get involved and help us make them better!
Unstable version.
Generated from the latest version of the development branch.