Skip to content

Kontact

Categories:   Ofimática
Screenshot of Kontact
KMail, the email component of Kontact
Organize your time, manage events, create todos or schedule meetings with KOrganizer
KAddressBook provides an easy way to manage your contacts
Stay on top of the new with Akregator, our news reader

Xestiona o teu correo electrónico, calendario, contactos e outros datos persoais con Kontact. Kontact agrúpao todo xunto nun lugar e axúdao a xestionar a súa comunicación, organizar o seu día e traballar cos seus compañeiros.

Kontact unifica varias aplicacións de xestión de información persoal nunha única xanela para fornecerlle a mellor experiencia posíbel e aumentar a súa produtividade. Con Kontact pode usar todas as ferramentas da nosa potente colección de software nun único lugar. A diferencia de aplicación web privativas nós valoramos a súa intimidade e somos compatíbeis con estándares abertos, que é polo que Kontact lle ofrece control total dos seus datos. Pode por suposto acceder aos seus datos sen Internet, se quere.

Kontact consiste en varios compoñentes ben integrados:

  • KMail — un potente cliente de correo electrónico repleto de funcionalidades e compatíbel cun gran número de fornecedores de correo electrónico.
  • KOrganizer — un compoñente de calendario e planificación de Kontact que permite traballar con NextCloud, Kolab, Google Calendar e outros servizos de calendario.
  • KAddressBook — unha ferramenta e xestión de contactos fácil de usar que pode sincronizar contactos con moitos servizos populares.
  • Akregator — un lector de novas con potentes funcionalidades de busca e arquivo.
  • KNotes — un programa sinxelo que lle permite escribir o equivalente informático a pequenas notas de texto.
Install on
Linux
This button only works with Discover and other AppStream application stores. You can also use your distribution's package manager.

Releases RSS

5.22.3 2023-03-02
5.22.2 2023-02-02
5.22.1 2023-01-05
5.22.0 2022-12-08