Skip to content

Kopete

Categories:   Internet
Charla de Kopete

Kopete é un mensaxeiro instantáneo compatíbel con AIM, ICQ, Jabber, Gadu-Gadu, Novell GroupWise Messenger e máis. Está deseñado para ser un sistema flexíbel e compatíbel con varios protocolos, axeitado tanto para uso personal como empresarial.

O obxectivo de Kopete é fornecer aos usuarios unha forma única e fácil de usar para acceder a todos os seus sistemas de mensaxaría instantánea. A interface antepón ás persoas, e está integrada coa axenda de enderezos do sistema para permitirlle acceder aos seus contactos doutras aplicacións de KDE.

Funcionalidades:

  • Kopete goza de ferramentas para mellorar a súa experiencia de mensaxaría instantánea, como cifraxe de mensaxes, arquivado, e moitos outros efectos divertidos e útiles.
  • Kopete é compatíbel con todos os protocolos de mensaxaría instantánea usados habitualmente, e o equipo de Kopete fornece modelos para que os desenvolvedores creen novos complementos.
  • A API fornece aos desenvolvedores moitas funcionalidades para facilitar dar compatibilidade cun novo protocolo.
  • Todos os protocolos son complementos e permiten unha instalación, configuración e uso modulares.
Install on
Linux
This button only works with Discover and other AppStream application stores. You can also use your distribution's package manager.

Releases RSS

22.04.1 2022-05-12
22.04.0 2022-04-21
21.12.3 2022-03-03
21.12.2 2022-02-03