KStars é un programa de astronomía libre, de código aberto e compatíbel con múltiple plataformas creado por KDE.
Fornece un simulador gráfico preciso do ceo nocturno desde calquera lugar do planeta en calquera momento. A visualización inclúe ata 100 millóns de estrelas, 13.000 obxectos do espazo profundo, os 8 planetas, o sol e a lúa, e milleiros de cometas, asteroides, supernovas e satélites.
Para estudantes e profesores, permite axustar a velocidade da simulación para ver os fenómenos que se producen ao longo de moito tempo, a calculadora de astros de KStars para predicir aliñamentos, e moitos cálculos astronómicos comúns.
Para astrónomos afeccionados fornece un planificador de observación, unha ferramenta de calendario celeste, e un editor de campo de visión para calcular o campo de visión de equipamento e amosalo. Descobre obxectos interesantes coa ferramenta «Que pasa esta noite?», xera gráficos de altitude e tempo para calquera obxecto, imprime cartas celestes de gran calidade, e obtén acceso a unha morea de información e recursos para axudarte a explorar o universo.
KStar inclúe a colección de programas de astrofotografía Ekos, unha solución completa de astrofotografía que pode controlar todos os dispositivos INDI, incluídos moitos telescopios, CCD, DSLR, enfocadores, filtros e moito máis. Ekos permite facer seguimentos moi precisos mediante un resolvente de astrometría por Internet e sen Internet, goza de capacidade para enforcar e guiar automaticamente, e permite capturar unha ou varias imaxes usando un potente xestor de secuencias que vai incluído.
Catálogos astronómicos:
- Catálogo predeterminado composto de estrelas de magnitudes 8 e inferiores.
- Catálogos adicionais con 100 millóns de estrelas de magnitudes ata a 16.
- Catálogos dispoñíbeis para descarga entre os que hai imaxes de Messier, as nebulosas planetarias Abell, o catálogo Sharpless ou o catálogo de nebulosa escura de Lynds.
- Correccións de precesión, nutación e refracción atmosférica.
- Ferramentas para obter datos de bases de datos en Internet.
Releases RSS
Nightly installers
KStars nightly installers are also available to download from the KDE CDN. These versions are intended for testing purpose. Get involved and help us make them better!
Unstable version.
Generated from the latest version of the development branch.