



KStars é un software de astronomía libre, de código aberto e compatíbel con múltiple plataformas creado por KDE.
Fornece un simulador gráfico preciso do ceo nocturno desde calquera lugar do planeta en calquera momento. A visualización inclúe ata 100 millóns de estrelas, 13.000 obxectos do espazo profundo, os 8 planetas, o sol e a lúa, e milleiros de cometas, asteroides, supernovas e satélites.
Para estudantes e profesores, permite axustar a velocidade da simulación para ver os fenómenos que se producen ao longo de moito tempo, a calculadora de astros de KStars para predicir aliñamentos, e moitos cálculos astronómicos comúns.
Para astrónomos afeccionados fornece un planificador de observación, unha ferramenta de calendario celeste, e un editor de campo de visión para calcular o campo de visión de equipamento e amosalo. Descobre obxectos interesantes coa ferramenta «Que pasa esta noite?», xera gráficos de altitude e tempo para calquera obxecto, imprime cartas celestes de gran calidade, e obtén acceso a unha morea de información e recursos para axudarte a explorar o universo.
KStar inclúe a colección de software de astrofotografía Ekos, unha solución completa de astrofotografía que pode controlar todos os dispositivos INDI, incluídos moitos telescopios, CCDs, DSLRs, enfocadores, filtros e moito máis. Ekos permite facer seguimentos moi precisos mediante un resolvedor de astrometría por Internet e sen Internet, goza de capacidade para enforcar e guiar automaticamente, e permite capturar unha ou varias imaxes usando un potente xestor de secuencias que vai incluído.
Catálogos astronómicos:
- Catálogo predeterminado composto de estrelas de magnitudes 8 e inferiores.
- Catálogos adicionais con 100 millóns de estrelas de magnitudes ata a 16.
- Catálogos dispoñíbeis para descarga entre os que hai imaxes de Messier, as nebulosas planetarias Abell, o catálogo Sharpless ou o catálogo de nebulosa escura de Lynds.
- Correccións de precesión, nutación e refracción atmosférica.
- Ferramentas para obter datos de bases de datos en Internet.
Releases RSS
KStars Windows installers are also available to download from the binary-factory. These versions are intended for testing purpose. Get involved and help us make them better!
- Stable version. Generated from the latest version of the stable branch. Contains the latest bugfixes.
- Unstable version. Generated from the latest version of the development branch.