KTorrent
Categories:
KTorrent é unha aplicación de BitTorrent por KDE que permítelle descargar ficheiros usando o protocolo BitTorrent. Permítelle executar varios torrents ao mesmo tempo e inclúe funcionalidades adicionais que o converten nun cliente de BitTorrent completo.
Funcionalidades:
- Consulta de torrents.
- Límites de velocidade globais e por torrent.
- Previsualización de certos tipos de ficheiros, incluída (vídeo e son).
- Importación de ficheiros descargados total ou parcialmente.
- Priorización de ficheiros para os torrents con varios ficheiros.
- Descarga selectiva para torrents con varios ficheiros.
- Expulsar e prohibir parceiros cun diálogo adicional de filtraxe por IP para listar e editar.
- Compatibilidade con localizadores UDP.
- Compatibilidade con localizadores e torrents privados.
- Compatibilidade co intercambio de parceiros de µTorrent.
- Funcionalidade de cifrado do protocolo (compatíbel con Azureus).
- Funcionalidade de creación de torrents sen localizadores.
- Compatibilidade con táboas de sumas distribuídas (DHT, a versión principal).
- Compatibilidade con UPnP para redirixir automaticamente portos na rede local con servidores asignados dinamicamente.
- Compatibilidade con sementes web.
- Integración coa área de notificación.
- Funcionalidade de autenticación de localizadores.
- Conexión mediante proxy.
Ademais das funcionalidades incluídas, compatibilidade con complementos instalábeis desde KTorrent.
Install on
Linux
Releases RSS
23.08.1
2023-09-14
23.08.0
2023-08-24
23.04.3
2023-07-06
23.04.2
2023-06-08