Skip to content

KXStitch

Categories:   Gráficos
Un padrón de punta creado a partir dunha imaxe.

KXStitch é un programa que lle permite crear padróns e gráficos de cruz en punta. Pode crear padróns desde cero sobre unha grade de tamaño personalizado. Tamén pode importar imaxes en varios formatos, o que lle permitirá restrinxir o número de cores e restrinxir a conversión a puntadas completas ou usar opcionalmente puntadas fraccionadas. Tamén pode usar imaxes de fondo, para trazar sobre elas. As imaxes importadas poden modificarse mediante as ferramentas fornecidas para producir o deseño final.

Funcionalidades:

  • Creación de padróns novos.
  • Edición de padróns existentes. KXStitch tamén pode ler ficheiros de PC Stitch.
  • Uso de varios xergóns de fío, DMC, Anchor e Madeira.
  • Creación de paletas e cores personalizadas.
  • Uso de puntadas estándar.
  • Uso libre de puntadas atrás.
  • Importación de varios formatos de imaxe.
  • Impresión de padróns e claves de fíos.
Install on
Linux
This button only works with Discover and other AppStream application stores. You can also use your distribution’s package manager.
Get it from the Snap Store

Releases RSS

2.2.0 2019-06-07