Marble
Categories:
Marble é un globo terráqueo virtual e un atlas mundial. A navalla suíza dos mapas que lle permite aprender máis sobre a Terra e outros planetas.
Explore a veciñanza coa gran variedade de mapas metropolitanos e rexionais de Marble. Busque enderezos e lugares de interese. Marble ocúpase de usar as diversas infraestruturas de busca existentes, e mostra os resultados nunha vista unificada. Calcule rutas a pé, en bicicleta ou en coche facilmente, tanto por Internet como sen conexión, pasando por cantos puntos queira pasar.
Comece a explorar o mundo. Contemple as nubes e as sombras do Sol, siga os satélites e estacións espaciais e amose as súas órbitas, todo actualizado en tempo real. Viaxe ao pasado e descubra as visións históricas do planeta usando mapas doutros séculos. E se non lle abonda coa Terra, tamén ten á súa disposición mapas da Lúa e doutros planetas.