Peruse
Categories:


Hai moitos xeitos de ler libros de banda deseñada, e un dos máis comúns nos últimos anos é usar un computador. Peruse creouse para facer iso o máis fácil e agradábel posíbel, e para non estar no medio e deixarlle ler os seus libros de banda deseñada.
Unha das formas que ten Peruse de asegurarse de que a experiencia de lectura é todo o agradábel e cómoda posíbel é permitirlle continuar desde onde quedou a última vez. A páxina de benvida da aplicación (a primeira captura de pantalla embaixo) mostra os últimos libros de banda deseñada que leu, e mostra o seu progreso en cada un. Para continuar onde quedara, seleccione o elemento da parte superior esquerda e abrirase a páxina que estaba a ler a última vez.
Funcionalidades:
- Arquivo de libro de banda deseñada (cbz, cbr, cb7, cbt, cba)
- Formato portátil de documentos (PDF)
- Libros ePub (epub)
- Ficheiros independentes do dispositivo (dvi)
- DeJaVu (djvu)
- Axuda compilada (chm)
Peruse Windows installers are also available to download from the binary-factory. These versions are intended for testing purpose. Get involved and help us make them better!
- Unstable version. Generated from the latest version of the development branch.