Skip to content

Banji

Categories:   Unmaintained

This app is unmaintained and no longer released by the KDE community.

Screenshot of Banji

Banji é un cliente gráfico para a plataforma de comunicación Ring (www.jami.net). Pode usarse ou ben como unha aplicación xeral de comunicación con outros usuarios de Ring ou ben como un teléfono de software VoIP compatíbel co estándar da industria SIP que usan a meirande parte das oficinas.

Funcionalidades:

  • Chamar a teléfonos reais con contas de fornecedores de servizo SIP habituais.
  • Compatibilidade con SIP, SIPS e o protocolo de comunicación distribuída RING.
  • Mensaxes de son, vídeo e texto enriquecido.
  • Compatibilidade con varios estándares da industria, como:
  • Compatibilidade con moitos códecs de son e vídeo populares.
  • Transferencia de chamadas SIP (directa ou asistida)
  • Conferencias de son e vídeo.
  • Varias chamadas simultáneas, con función de espera.
  • Varias contas.
  • Varios perfís de usuario.
  • Integración cos contactos do sistema.
  • Notificacións do sistema interactivas e configurábeis.
  • Atallos de teclado locais e globais configurábeis.
  • Sons de chamada distintos para cada conta.
  • O menú de chamadas permite automatización mediante macros.
  • Gravación de chamadas de son.
  • Historial de chamadas e marcadores.
  • Resposta automática (para cada conta)
  • Integración con PulseAudio, PortAudio, Core Audio, ALSA e Windows Audio.
  • Dispositivos de son distintos para chamar e falar.
  • Completamento automático intelixente de números de teléfono.