This app is still in development and isn't released yet by the KDE community.
O uso prolongado de rato ou teclado pode causar lesións por tensión repetitiva (RSI), así que aos usuarios de computador recoméndaselles facer descansos regulares.
RSIBreak axuda a evitar as lesións por tensión repetitiva facendo un seguimento dos padróns de uso e informando de maneira periódica aos usuarios de que fagan descansos. Durante os períodos de descanso, RSIBreak pode amosar unha mensaxe non intrusiva, bloquear completamente a pantalla ou reproducir unha presentación de diapositivas.