Skip to content

Simon

Categories:   Unmaintained

This app is unmaintained and no longer released by the KDE community.

Screenshot of Simon

Simon é a interface principal da solución libre de recoñecemento da fala Simon. É un cliente de Simond que fornece unha interface gráfica de usuario para xestionar o modelo de fala e as ordes.

Funcionalidades:

  • Simon pode executar todo tipo de ordes segundo a entrada que recibe do servidor Simond.
  • Simon trae unha metodoloxía única de «fágao vostede» ao recoñecemento da fala. En vez de fornecer modelos de fala definidos e adestrados previamente fornece unha interface de usuario fácil de usar para crear modelos de idioma e acústicos desde cero.
  • O usuario pode descargar facilmente casos de uso creador por outros usuarios e compartir os seus.
  • Solucións de ordes e controis especialmente axeitadas para xente con discapacidades.
  • A raíz desta arquitectura, a mesma versión de Simon pode usarse con todos os idiomas e dialectos. Poden mesmo mesturarse idiomas dentro dun mesmo modelo se fai falla.