Skip to content

Smb4K

Categories:   Utilidades

This app is still in development and isn't released yet by the KDE community.

A xanela principal.
O trebello.

Smb4K é un navegador avanzado da veciñanza de rede e unha ferramenta para montar comparticións de Samba. Está baseada nas infraestruturas de KDE, QtKeychain, a biblioteca de cliente de Samba (libsmbclient) e, opcionalmente, o cliente KDSoap-WS-Discovery. Examina a veciñanza de rede en busca de grupos de traballo, servidores e comparticións dispoñíbeis, e pode montar todas as comparticións que queira no seu sistema de ficheiros local.

Funcionalidades:

  • Buscando grupos de traballo (activos), servidores e comparticións mediante a biblioteca de cliente de Samba, o descubrimento de servizos de DNS (DNS-SD) e, opcionalmente, o descubrimento dinámico de servizos web (WS-Discovery).
  • Compatibilidade cos sistemas de ficheiros CIFS e SMB3 en Linux, así como o sistema de ficheiros SMBFS en BSD.
  • Permite montar e desmontar comparticións.
  • Permite acceder aos ficheiros dunha compartición montada usando un xestor de ficheiros ou un terminal.
  • Pode detectar automaticamente montaxes e desmontaxes externos.
  • Pode volver a montar comparticións usadas previamente ao iniciar o programa.
  • Fornece información variada sobre elementos remotos da rede e comparticións montadas.
  • Permite realizar buscas na rede.
  • Permite obter unha vista previa dos contidos dunha compartición remota
  • Permite configurar credenciais predeterminadas de acceso.
  • Xestiona de forma especial as particións do cartafol persoal.
  • Fornece un sistema de marcadores para gardar comparticións.
  • Fornece un trebello na área de notificación.
  • Permite usar opcións avanzadas de montaxe
  • Permite usar impresoras compartidas.
  • Compatibilidade con varias solucións de almacenamento seguro para as credenciais de acceso mediante QtKeychain.
  • Permite sincronizar comparticións remotas con copias locais en ambos sentidos.
  • Permite definir configuracións personalizadas para servidores e comparticións concretas.
  • Compatibilidade con soporte físico mediante a infraestrutura de integración de dispositivos Solid, as clases de asistencia KDBusAddons e o módulo Network (rede) de Qt.
  • Ofrece funcionalidades de espertar na rede (Wake-On-LAN).
  • Ofrece integración co escritorio mediante un trebello.
  • Perfís para distintas configuracións de veciñanza de rede

Se traballa nun ambiente de rede dominado por Windows, esta aplicación axudará a acceder facilmente aos recursos compartidos desde Windows.