Smb4K
Categories:

Smb4K é un navegador avanzado da veciñanza de rede e unha ferramenta para montar comparticións de Samba. Está baseada na versión 5 das infraestruturas de KDE e a biblioteca de cliente de Samba (libsmbclient). Examina a veciñanza de rede en busca de grupos de traballo, servidores e comparticións dispoñíbeis, e pode montar todas as comparticións que queira no seu sistema de ficheiros local.
Smb4K está baseado na biblioteca de cliente de Samba. O seu obxectivo é o de fornecer un programa fácil de usar que forneza tantas funcionalidades como sexa posíbel.
Funcionalidades:
- Buscando grupos de traballo (activos), servidores e comparticións
- É compatíbel cos sistemas de ficheiros CIFS (Linux) e SMBFS (FreeBSD).
- Permite montar e desmontar comparticións.
- Permite acceder aos ficheiros dunha compartición montada usando un xestor de ficheiros ou un terminal.
- Pode detectar automaticamente montaxes e desmontaxes externos.
- Pode volver a montar comparticións usadas previamente ao iniciar o programa.
- Fornece información variada sobre elementos remotos da rede e comparticións montadas.
- Permite realizar buscas na rede.
- Permite obter unha vista previa dos contidos dunha compartición remota
- Permite configurar credenciais predeterminadas de acceso.
- Xestiona de forma especial as particións de cartafoles persoais.
- Fornece un sistema de marcadores para gardar comparticións.
- Fornece un trebello na área de notificación.
- Permite usar opcións avanzadas de montaxe
- Permite usar impresoras compartidas.
- Compatibilidade con KWallet.
- Permite sincronizar comparticións remotas con copias locais en ambos sentidos.
- Permite definir configuracións personalizadas para servidores e comparticións concretas.
- Compatíbel con portátiles mediante a infraestrutura de dispositivos de soporte físico Solid.
- Ofrece funcionalidades de espertar na rede (Wake-On-LAN).
- Ofrece integración co escritorio mediante un trebello.
- Perfís para distintas configuracións de veciñanza de rede
Se traballa nun ambiente de rede dominado por Windows, esta aplicación axudará a acceder facilmente aos recursos compartidos desde Windows.
Install on
Linux