Skip to content

Paso

Categories:   Educación
Simulación física en Step

Step é un simulador interactivo de física. Permite explorar o mundo físico mediante simulacións. Funciona deste xeito: sitúanse algúns corpos na escena, engádense forzas como a gravidade ou molas, logo prémese Simular e Step móstrase a evolución da escena segundo as leis da física. Pódese cambiar cada propiedade dos corpos/forzas no experimento (mesmo durante a simulación) e ver como isto cambiará a evolución do experimento. Con Step non só podes aprender, senón que sentirás como funciona a física!

Funcionalidades:

  • Simulación de mecánica clásica en dúas dimensións.
  • Partículas, resortes con forzas de amortecemento, gravidade e Coulomb.
  • Corpos ríxidos
  • Detección e xestión de colisións (por agora só discreta).
  • Simulación de corpos brandos (deformábeis) como sistemas de partículas e molas editábeis polo usuario, ondas de son.
  • Dinámica molecular (por agora empregando o potencial de Lennard e Jones): gases e líquidos, condensación e evaporación, calculo de cantidades macroscópicas e as súas varianzas.
  • Conversión de unidades e cálculo de expresións: pode inserir algo como «(2 día + 3 horas) * 80 km/h» e aceitarase como un valor de distancia (require de libqalculate).
  • Cálculo e propagación de erros: pode inserir valores como "1,3 ± 0,2" en calquera propiedade e erro de calquera propiedade dependente calcularase mediante fórmulas estatísticas.
  • Estimación do erro da solución: os erros inseridos polo resolvedor son calculados e engadidos aos erros inseridos polo usuario.
  • Varios tipos distintos de resolvedores: ata a 8ª orde, explícitos e implícitos, con ou sen paso adaptábel de tempo (a maioría dos resolvedores requiren da biblioteca GSL).
  • Ferramenta de control para controlar facilmente as propiedades durante a simulación (mesmo con atallos de teclado personalizado).
  • Ferramentas para visualizar os resultados: gráfico, metro, trazador.
  • Información de contexto para todos os obxectos, con navegador de Wikipedia integrado.
  • Colección de experimentos de exemplo; pódense descargar máis con KNewStuff.
  • Titoriais integrados.
Install on
Linux
This button only works with Discover and other AppStream application stores. You can also use your distribution’s package manager.
Get it from the Snap Store

Paso Windows installers are also available to download from the binary-factory. These versions don’t contain the translations and are intended for testing purpose. Get involved and help us make them better!

Releases RSS

22.08.1 2022-09-08
22.08.0 2022-08-18
22.04.3 2022-07-07
22.04.2 2022-06-09