SymbolEditor
Categories:
SymbolEditor é un programa que pode crear bibliotecas de obxectos QPainterPath con información sobre como renderizalos. Deseñouse orixinalmente para crear bibliotecas de símbolos para a aplicación KXStitch, pero outros programas cunha funcionalidade similar poderían tamén usar ditas bibliotecas. Hai un bo número de ferramentas para axudar no deseño dos símbolos, como liñas, curvas bezier, rectángulos e elipses. Poden seleccionarse caracteres de texto de calquera tipo de letra, e os símbolos poden repetirse sobre un eixe (efecto espello) ou rotarse. Os símbolos poden encherse opcionalmente, pode cambiarse o estilo do final das liñas e os nodos de unión entre liñas, e pode cambiarse a anchura das liñas, combinando distintos valores en distintas liñas.
Funcionalidades:
- Creación de varias bibliotecas.
- Símbolos enchidos e sen encher.
- Anchura de liña variábel, tipos de vértice e de unión.
- Arrastrar e soltar dunha biblioteca a outra.
- Creación de símbolos a partir de caracteres.