Skip to content

SymbolEditor

Categories:   Gráficos
Screenshot of SymbolEditor

SymbolEditor é un programa que pode crear bibliotecas de obxectos QPainterPath con información sobre como renderizalos. Deseñouse orixinalmente para crear bibliotecas de símbolos para a aplicación KXStitch, pero outros programas cunha funcionalidade similar poderían tamén usar ditas bibliotecas. Hai un bo número de ferramentas para axudar no deseño dos símbolos, como liñas, curvas bezier, rectángulos e elipses. Poden seleccionarse caracteres de texto de calquera tipo de letra, e os símbolos poden repetirse sobre un eixo (efecto espello) ou rotarse. Os símbolos poden encherse opcionalmente, pode cambiarse o estilo do final das liñas e os nodos de unión entre liñas, e pode cambiarse a anchura das liñas, combinando distintos valores en distintas liñas.

Funcionalidades:

  • Creación de varias bibliotecas.
  • Símbolos enchidos e sen encher.
  • Anchura de liña variábel, tipos de vértice e de unión.
  • Arrastrar e soltar dunha biblioteca a outra.
  • Creación de símbolos a partir de caracteres.
Install on
Linux
This button only works with Discover and other AppStream application stores. You can also use your distribution's package manager.
Get it from the Snap Store

Releases RSS

2.1.0 2019-06-30
2.0.0 2015-11-16
1.5.0 2014-08-17