Tellico
Categories: OfficeTellico é unha aplicación para organizar coleccións. Fornece modelos predeterminados para libros, bibliografías, vídeos, música, videoxogos, moedas, selos, cartas de colección, banda deseñada, e vinos. Permítelle inserir a súa colección a unha base de datos de catálogo na que pode gardar moitas propiedades distintas, como títulos, autorías, etc.
Funcionalidades:
- Compatíbel con coleccións predeterminadas de libros, entradas bibliográficas, vídeos, música, videoxogos, banda deseñada, moedas, selos, cartas de colección, viños, xogos de taboleiro e catálogos de ficheiros.
- Permite aos usuarios definir coleccións personalizadas.
- Permite ao usuario definir campos de varios tipos: texto, parágrafo, lista, lista con caixas para marcar, número, URL, data, imaxes, e combinacións.
- Pode xestionar entradas con varios autores, xéneros, palabras clave, etc.
- Aplica automaticamente un formato aos títulos e nomes.
- Permite buscar nas coleccións e filtrar nas vistas.
- Permite ordenar ou agrupar as coleccións en funcións de varias propiedades.
- Permite personalizar os modelos para entradas mediante XSLT.
- Importa MODS, Bibtex, RIS, CSV, metadatos de PDF, e moitos outros formatos.
- Pode exportar coleccións nos formatos Bibtex, CSV, e HTML, entre outros.
- Importa información directamente de Amazon.com, IMDb, servidores z39.50, PubMed, servidores SRU, CrossRef.org, doutros sitios web, e de guións externos.
- Importa datos de CDDB para catalogar CD de son.
- Analiza e importa coleccións de ficheiros de son, como MP3 ou OGG.
Install on
Linux
Releases RSS
4.0.1
2024-09-30
4.0
2024-09-04
3.5.5
2024-06-24
3.5.4
2024-03-23
3.5.3
2024-01-01
3.5.2
2023-10-22
3.5.1
2023-07-03
3.5
2023-05-12
3.4.6
2023-01-21
3.4.5
2022-11-16
3.4.4
2022-02-16
3.4.3
2022-01-02
3.4.2
2021-11-08
3.4.1
2021-05-09
3.4
2021-03-14