Skip to content

Tellico

Categories:   Ofimática
A xanela principal, amosando unha colección de filmes.
A xanela principal, amosando un elemento sinxelo nunha colección de libros.
A xanela principal amosando as vistas lado a lado dunha colección de xogos.

Tellico é unha aplicación para organizar coleccións. Fornece modelos predeterminados para libros, bibliografías, vídeos, música, videoxogos, moedas, selos, cartas de colección, banda deseñada, e vinos. Permítelle inserir a súa colección a unha base de datos de catálogo na que pode gardar moitas propiedades distintas, como o título de cada elemento, o seu autor, etc.

Funcionalidades:

  • Compatíbel con coleccións predeterminadas de libros, entradas bibliográficas, vídeos, música, videoxogos, banda deseñada, moedas, selos, cartas de colección, viños, xogos de taboleiro e catálogos de ficheiros.
  • Permite aos usuarios definir coleccións personalizadas.
  • Permite ao usuario definir campos de varios tipos: texto, parágrafo, lista, lista con caixas para marcar, número, URL, data, imaxes, e combinacións.
  • Pode xestionar entradas con varios autores, xéneros, palabras clave, etc.
  • Aplica automaticamente un formato aos títulos e nomes.
  • Permite buscar nas coleccións e filtrar nas vistas.
  • Permite ordenar ou agrupar as coleccións en funcións de varias propiedades.
  • Permite personalizar os modelos para entradas mediante XSLT.
  • Pode importar ficheiros en formato MODS, Bibtex, RIS, CSV, metadatos de PDF, e moitos outros formatos.
  • Pode exportar coleccións nos formatos Bibtex, CSV, e HTML, entre outros.
  • Importa información directamente de Amazon.com, IMDb, servidores z39.50, PubMed, servidores SRU, CrossRef.org, doutros sitios web, e de guións externos.
  • Importa datos de CDDB para catalogar CD de son.
  • Analiza e importa coleccións de ficheiros de son, como MP3 ou OGG.
Install on
Linux
This button only works with Discover and other AppStream application stores. You can also use your distribution's package manager.

Releases RSS

3.5.4 2024-03-23
3.5.3 2024-01-01
3.5.2 2023-10-22
3.5.1 2023-07-03
3.5 2023-05-12
3.4.6 2023-01-21
3.4.5 2022-11-16
3.4.4 2022-02-16
3.4.3 2022-01-02
3.4.2 2021-11-08
3.4.1 2021-05-09
3.4 2021-03-14