Skip to content

Trojitá

Categories:   Internet | Ofimática
Screenshot of Trojitá
Os textos con demasiadas comiñas préganse automaticamente.
Compatíbel con mensaxes cifradas e asinadas, co estado indicado con texto.

Trojitá é un programa de correo electrónico ("cliente") especializado en fornecer acceso rápido e eficiente a caixas de correo mediante o protocolo IMAP. Os servidores de correo de IMAP almacenan mensaxes e permiten que os clientes obteñan as mensaxes no computador local cando as solicitan.

Dálle prioridade á eficiencia, a velocidade e os estándares abertos por riba de calquera outra cousa. Trojitá tamén pretende funcionar en calquera plataforma, e intégrase ben tanto en grandes computadores de escritorio como en pequenos teléfonos. Trojitá é un programa independente que non forma parte de ningunha colección de programas de xestión de información persoal (PIM).

Trojitá podería interesarlle polo seguinte:

  • O núcleo de interacción con IMAP é moi rápido e robusto.
  • Un dos piares do seu deseño é o cumprimento cos estándares.
  • Non carga a lista de mensaxes nin os corpos das mesmas ata que se solicita («carga preguiceira»).
  • Compatibilidade con IMAP sen conexión.
  • Permite un modo de aforro de largura de banda, pensado para usuarios de teléfonos móbiles para os que a conexión a Internet resulta custosa.
  • Pode acceder ao servidor mediante SSH en vez de usar un socket SSL.
  • A súa xestión de mensaxes HTML é segura e robusta.
Install on
Linux
This button only works with Discover and other AppStream application stores. You can also use your distribution's package manager.

Releases RSS

0.7 2016-06-15
0.6 2016-01-21
0.5 2015-02-22
0.4.1 2014-03-20
0.4 2014-03-04
0.3.96 2013-09-30
0.3.93 2013-05-06
0.3.92 2013-02-27
0.3.91 2013-01-09
0.3.90 2012-12-06
0.3 2012-03-30
0.2.9.4 2011-06-20
0.2.9.3 2011-02-18
0.2.9 2011-01-11
0.2 2010-08-02