Zanshin
Categories: UtilidadesZanshin é unha aplicación potente pero sinxela para xestionar as accións do día a día. Axuda a organizar o que tes que facer no traballo e na vida persoal para quitarche ese peso de encima. Non volverás esquecer nada nunca máis, a túa mente será como a auga.
Apunta.
Preocúpalle esquecer algo? Pásalle ás veces? Zanshin está aquí para axudar. Pode apuntar as súas tarefas para descargar a mente. Non ha tardar en deixar de oír esa voz interior que lle di que seguramente esqueceu algunha cousa, ou lle di que debería facer. Só terá que iniciar Zanshin, e atopará aquí todo o que apuntase.
Organiza.
Zanshin facilita organizar a rutina diaria. Crea proxectos e contextos e éncheos de tarefas. Podes facelo arrastrando e soltado. Hai que facer algo antes de certo día? Define unha data límite e destacará entre o resto de tarefas. Tes que traballar nun proxecto? Céntrate nel e verás todas as tarefas relevantes. Apetécete poñerte coas chamadas? Céntrate no contexto de teléfono e atopa as túas chamadas pendentes.
Optimiza.
Á xente metida na informática encántannos os teclados, e seguro que canto máis tempo pasan as túas mans no teclado máis eficiente te sentes. É por iso que fixemos que Zanshin poda usarse completamente desde o teclado. Engadimos atallos para engadir tarefas, movelas a un proxecto ou contexto, navegar…
Integra.
Zanshin é unha aplicación da comunidade KDE, e como tal resulta máis potente cando se usa con outras aplicacións de KDE ou no escritorio KDE Plasma. Que usas KMail? Pois podes crear unha tarefa desde unha mensaxe e aparecerá na caixa de entrada de Zanshin. Que usas KOrganizer? Todas as tarefas coa data límite superada ou próxima aparecerán na vista de calendario. Que usas o escritorio Plasma? Pois podes apuntar desde calquera parte con KRunner, escribe «todo: Mercar mazás» e a tarefa aparecerá na caixa de entrada de Zanshin, aínda que non estivese en execución!